Jornada Buenas Prácticas en Reservas de Biosfera
Jornada Buenas Prácticas en Reservas de Biosfera: La promoción de Productos Alimentarios de Excelencia en la RB Marinas Coruñesas y Terras do Mandeo
HORARIO
10 a 14 h.LUGAR
Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
ORGANIZA
- CEIDA
- Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia
OBXECTIVOS
A Ruta Agroalimentaria das Mariñas pretende mostrar un territorio de alto valor ambiental a través dos produtos naturais e ecolóxicos que nel se elaboran. Trátase de dar a coñecer a excelencia dos produtos e empresas certificados coa Marca de Calidade da Reserva de Biosfera así como polo Sistema de Calidade Turística para a realización de visitas de agroturismo. Esta primeira Ruta Agroalimentaria das Mariñas é o obxecto desta xornada, e constitúe unha oportunidade única para coñecer a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo dun xeito diferente, e servir de exemplo de boas prácticas replicable noutros territorios.
DIRIXIDO A
Persoal técnico municipal de turismo, persoal técnico de medio ambiente, guías e informadores/as turísticos, empresas do sector turístico, estudantes de turismo, profesionais da educación ambiental, monitores de actividades de tempo libre, público xeral interesado.
PROGRAMA
10.00 h. Inauguración:
- Dna. Ángeles Vázquez Mejuto, Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Xunta de Galicia.
- D. César Longo Queijo, Vicepresidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (MCeTM) e Alcalde de Paderne.
- D. Carlos Vales Vázquez, Director do CEIDA.
10.30 h. Presentación da Primeira Ruta Agroalimentaria das Mariñas (Paderne). D. Diego López Pedreira, Técnico da Reserva de Biosfera MCeTM.
11.00 h. Proxección do vídeo: ‘Sinte, cos cinco sentidos’.
11.05 h. Restaurantes da Biosfera: maxia e sabor. D. Lolo Mosteiro Villaverde, Artesa da Moza Crecha, Presidente da Asociación de Ecoturismo da Reserva da Biosfera MCeTM.
11.30 h. Descanso.
12.00 h. Xerando Produtos de Agroturismo:
- Seitura: producindo comida de calidade, ecolóxica e sostible. Dna. Mónica Malvar Rodríguez.
- Queixos Cagiao: catro xeneracións dedicadas a cría de gando. Dna. Ana Cagiao Purriños.
- Orballo: produción de aromáticas e reforestación de montes. D. Gerardo Lagares Abeal.
- Adega Beade: tradición e futuro no branco lexítimo. Dna. Mª Teresa Beade Cal e D. José Bouzón Beade.
- 77 Turismo de Betanzos: creando produto turístico local. D. José Ángel Paz Quintana e D. Ángel Arcay Barral.
- Viaxes Alumar: comercialización de produtos de ecoturismo local. Dna. Mª Luisa Fernández Cañás.
INSCRICIÓN Jornada Buenas Prácticas en Reservas de Biosfera
- Prazas limitadas.
- Imprescindible inscrición.