EventosJornadas

Xornadas de sensibilización sobre incendios forestais

ORGANIZA

Instituto Tecnolóxico de Galicia

COLABORA

CEIDAhttp://www.ceida.org/

PRESENTACIÓN E OBXECTIVOS

O proxecto GEFRECON persigue a promoción da Xestión Forestal Conxunta co fin de reducir o risco de incendios forestais no territorio POCTEP. O proxecto, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional FEDER a través do Programa InterregV-A España Portugal (POCTEP) 2014-2020, aborda unha temática de grande preocupación no territorio transfronteirizo como é a xestión de riscos relacionados co clima e, en concreto, a redución do risco de incendios forestais. 

Para abordar dito obxectivo, o Instituto Tecnolóxico de Galicia, en colaboración co CEIDA, organiza varias xornadas que pretenden solventar un dos problemas antrópicos que xeran máis incendios e de maior virulencia, como é a falta de sensibilización e formación da poboación e distintos actores de cara a respectar o mantemento das masas forestais en bo estado. O obxectivo principal das mesmas é, por tanto, sensibilizar á poboación sobre os incendios e cales son as mellores prácticas a adoptar para a súa prevención. DATAS E HORARIOS

O programa inclúe tres xornadas formativas de dúas horas de duración, dúas de carácter presencial e unha online. As persoas interesadas poden escoller a data e o formato que mellor se adapte á súa situación xeográfica ou dispoñibilidade:

  • 14 de decembro | Espazo de coworking de Souto (Paderne). Horario: 17 a 19 h.
  • 16 de decembro | Castelo de Santa Cruz (Oleiros). Horario: 17 a 19 h.
  • 22 de decembro | Online. Horario: 17 a 19 h. PRAZAS ESGOTADAS PARA A EDICIÓN ONLINE

CONTIDOS DAS XORNADAS

  • Importancia da conservación do bosque.
  • Os incendios forestais.
  • O uso do lume polos humanos.
  • Un elemento natural e ecolóxico nos ecosistemas.
  • Factores que afectan á propagación do lume:
    • Factores meteorolóxicos, topográficos e da vexetación.
  • Tipos de lumes:
    • Lumes de superficies, de copas e de subsolo.
  • Accións na loita contra incendios:
    • Detección de incendios.
    • Organización.
    • Maquinaria empregada.
  • Consellos e recomendacións:
    • Na casa.
    • De excursión.
    • Viaxando en vehículo.
    • Nas tarefas agrícolas.

INSCRICIÓN

  • Prazas limitadas.
  • Imprescindible inscrición.

Formulario de inscrición / Formulario de inscripción

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad